lunes, 16 de enero de 2017

PLANTACIÓN DE SEMENTE

As xudías son o primeiro experimento infantil que se adoita facer cando se trata de plantar sementes, xa que son facilmente previsibles e funcionan case sempre, cousa que é máis complicada noutros casos.

Para ver crecer unha xudía, o que necesitamos é un tarro de vidro e varias follas de papel de cociña, así como a nosa semente de xudía. Enrolamos varias follas de papel de cociña nun tubo que inserimos no frasco. Con isto faremos suficiente presión para que se suxeite unha xudía sen caer ao fondo tal como móstrase na imaxe.

Engadimos aprocimadamente 2 cm de auga ao fondo da xerra. A auga subirá a través do papel de cociña e desta forma a semente recibirá a humidade necesaria para germinar. Mantede sempre o grao de humidade suficiente repoñendo a auga necesaria. Desta forma os nenos poderán ver como crece s xudía a un ritmo estupendo. Unha vez teña o tamaño adecuado podédela plantar nunha maceta, axudándoa cunha cana de bambú a sosterse.



No hay comentarios:

Publicar un comentario